Axudas de apoio á etapa predoutoral da Xunta de Galicia 2021

Cal é a titulación coa que se accede ao programa de doutoramento?

Este dato, así como a data de finalización destes estudos, inclúese no Anexo V (certificación académica expedida pola universidade). Este documento será cuberto pola propia universidade e poderedes descargalo a través da plataforma XACUS para subilo posteriormente á sede da Xunta de Galicia. De ter que repetir este dato en algún outro punto da solicitude poderase extraer de dito documento.

Como consigo o Anexo V?

Unha vez feita a declaración de interese na plataforma XACUS (véxase o Tutorial aplicación XACUS) e subidos os documentos que sexan precisos, a universidade devolveravos a documentación correspondente asinada a través da mesma aplicación, que apareceerá en cor verde e estará lista para subir á Sede da Xunta.

Entre estes documentos atoparase o Anexo V, mais este proceso pode demorarse un pouco.

Como consigo a aprobación da Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD) na USC se estou en proceso de admisión pero ata o día 25 de febreiro non podo matricularme?

No proceso de admisión (previo á matriculación) deberase explicar á CAPD correspondente a situación excepcional e achegar o proxecto de investigación para que reciba a sú aprobación de cara á súa presentación na sede da Xunta de Galicia.

Cal é o modelo que se debe entregar como Certificación para director ou codirector que acredita a pertenza do mesmo a determinados grupos de investigación?

Existen dous formularios da Xunta de Galicia en función da entidade solicitante:

As entidades solicitantes presentarán as solicitudes de xeito individualizado para cada unha das persoas candidatas propostas. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED481A para as universidades do SUG e IN606A para as demais entidades indicadas no artigo 2, dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia.

No caso de ter dous directores radicados en universidades ou centros galegos e en relación coa Certificación para director ou codirector, que acredita a súa pertenza a determinados grupos de investigación: é posible presentar o devandito documento con un director diferente ao que se concorre á convocatoria (o cal asina o Anexo IV)?

A resposta da Xunta de Galicia á nosa consulta preguntando explicitamente por esta cuestión foi que, neste caso, é posible achegar dous anexos IV, un para cada director. Deste xeito o certificado de pertenza a un grupo entregado podería ser de calquera dos dous directores.

Como debo presentar a solicitude na sede da Xunta de Galicia?

Está recollido paso a paso no Titorial para a solicitude na sede da Xunta de Galicia. É moi importante que non premas o botón presentar, senon que compartas o borrador da solicitude.

Como podo conseguir un certificado electrónico ou unha Chave 365 para acceder ao trámite da sede electrónica da Xunta de Galicia?

DOCUMENTACIÓN E LIGAZÓNS DE INTERESE

Acceso á convocatoria da Xunta

http://gain.xunta.gal/artigos/443/axudas+apoio+etapa+predoutoral

Guía de convocatorias da USC

https://imaisd.usc.es/guiaconvocatorias.asp?i=gl&s=-2-26-30&id=4660&t=9&st=0

Guía informativa en pdf (inclúe prazos de presentación da USC e da Xunta e ligazóns con todos os modelos a cubrir)

https://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/5055_gl.pdf

Titorial da aplicación XACUS. Declaración de interese e intercambio de documentos

https://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/5057_gl.pdf

Titorial para a solicitude na sede da Xunta de Galicia

https://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/5056_gl.pdf