Que é a AIC?

A Asociación “Asemblea de Investigadoras de Compostela” (AIC) é un lugar de encontro onde poder debater sobre as diferentes problemáticas que afectan ao colectivo investigador da USC. Ten como obxectivo principal defender os dereitos e aspiracións dunha carreira profesional digna das persoas investigadoras da USC exista ou non exista un vínculo xurídico e remuneración.

Está formada por persoal de investigación, técnico e de xestión.

Como se organiza⁉️
1️⃣Realización de asembleas xerais.
2️⃣Internamente en grupos de traballo: axudas, contratos, calidade e financiamento, institucional, comunicación e coordinación.

Son grupos abertos. Créanse e elimínanse segundo necesidade e dispoñibilidade.