Estado actual (novembro 2020)
Sentenzas que respaldan este dereito:
Sentenza que non respalda este dereito:
Preguntas frecuentes
- A indemnización por extinción de contrato é un dereito laboral básico recollido no Estatuto dos Traballadores para contratos temporais.
- A USC non aboa esta indemnización a ningún contratado (predoutoral ou posdoutoral) que conte con financiamento a cargo dun programa de RRHH (Xunta, FPU, FPI, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal…).
- Lembra que dispós de 1 ano dende que finalizas o teu contrato para reclamarlle a indemnización por extinción de contrato á universidade ao tratarse dunha reclamación de cantidade.
- Canto me corresponde de indemnización?
- 12 días por ano traballo se asinaches o teu contrato despois do 1 de xaneiro de 2015.
- 11 días por ano traballo se asinaches a partir do 1 de xaneiro de 2014.
- 10 días por ano traballo se asinaches a partir do 1 de xaneiro de 2013.
- …
- Como podo reclamar?
- Non é obrigatorio mais o primeiro paso habitual é reclamarlle esta cantidade á universidade presentando un escrito vía rexistro dirixido ao Servizo de Xestión de Persoal ou a Xerencia.
- Se a universidade responde negativamente queda o dereito a presentar un recurso (opcional).
- Finalmente, se o recurso é desestimado, hai que acudir á xustiza.
Ola! A páxina web da Asociación Asemblea de Investigadoras de Compostela emprega cookies só para fins estatísticos das visitas que recibimos así como para manexar a sesión de usuario.De acordo