Folga 11N

Materiais Folga

Carteis para pendurar nos centros:

Mensaxe automática para o correo electrónico ese día:

Este 11 de novembro secundo a folga xeral e apoio as súas demandas: dereito á vivenda, salarios dignos e servizos públicos de calidade.

This November 11, I’m joining the general strike and supporting its demands: the right to housing, decent wages, and quality public services

Información práctica sobre o dereito á folga

Quen pode facer folga?

Calquera persoa traballadora da universidade: investigadoras predoutorais, investigadoras posdoutorais, investigadoras a cargo a proxecto (colaboradoras, asociadas…), profesorado axudante doutor, profesorado contratado doutor, profesorado permanente laboral, profesorado titular de universidade, profesorado catedrático de universidade, persoal técnico, xestión, administración ou servizos, etc.

Non tes que estar afiliada a ningún sindicato. Facer folga é un dereito fundamental recollido no artigo 28.2 da Constitución.

(Nota: a única excepción son aquelas persoas recollidas na seguinte resolución reitoral pola cal se establecen os servizos mínimos: persoal de conserxería, rexistro xeral, secretaría da reitora, etc).

Teño que avisar á universidade de que vou facer folga?

Non é necesario nin obrigatorio comunicar ou informar a túa decisión persoal de facer folga. Podes decidilo o mesmo día. Simplemente, ese día non acudas a traballar.

Como podo facer para que conste que fixen folga (e me desconten o día)?

A obriga de verificar quen secunda a folga correspóndelle de xeito exclusivo á universidade, que debe realizar o control de asistencia polos seus propios medios. Ti non tes ningunha obriga legal de asinar listas, remitir partes nin autodeclarar a túa ausencia, nin antes nin despois da convocatoria.

Pregúntame a miña superior directa se vou facer folga…

Non estás obrigada a responder, nin á túa superior directa nin a ninguén. Podes responder con evasivas ou dicir que aínda non o decidiches.

Poden tomar represalias contra min, como, despedirme, deixarme de dirixir a tese ou sancionarme?

Non. É un dereito fundamental. Calquera represalia sería declarada nula polo tribunal correspondente.

Lembra que o único efecto legal da folga é o desconto salarial correspondente a esa xornada, o cal non constitúe ningunha sanción nin represalia (artigo 6.2 do RDL 17/1977).

Teño que recuperar as clases e titorías dese día? Pódenme obrigar a facelo?


NON. A folga é un dereito fundamental. Adiantar ou adiar as clases ou titorías dese día sería como non facer folga.

Teño que asistir a reunións ou comisións convocadas para ese día?

NON. A folga é un dereito fundamental. Non tes que atender ningunha obrigación académica, docente, investigadora ou de xestión.

Podo avisar ao estudantado de que non haberá clase?

Si, por cortesía podes trasladarlles que secundarás o paro para evitar que fagan viaxes innecesarias, mais non estás obrigada.

Pódenme substituír ese día?

Non. É ilegal (artigo 6.5 do Real Decreto-lei 17/1977).

Son estranxeira. Podo facer folga?

Si. A Lei Orgánica 4/2000 recoñece ás persoas estranxeiras o dereito de folga nas mesmas condicións que ás españolas (art. 11.2).

Non me deixan facer folga

Ponte en contacto de inmediato con algún dos sindicatos convocantes con representación no teu centro. Na USC: CIG, UXT e CCOO.

V Xornadas de Cultura Laboral en Investigación

Queremos convidarvos ás V Xornadas de Cultura Laboral en Investigación, que terán lugar no salón de Actos de Farmacia (Av das Ciencias, fronte ao auditorio universitario) o día 5 de novembro, organizadas pola Asemblea de Investigadoras de Compostela e Marea Roja, co apoio da EDIUS.

O obxectivo principal desta actividade é formar un foro crítico onde se discutan distintas temáticas en relación aos nosos dereitos laborais, a carreira investigadora, igualdadee distintos aspectos que como investigadoras precarias nos interpelan, como a dificultade de acceso á vivenda, 

A actividade é presencial, previa inscrición e CONTA COMO ACTIVIDADE FORMATIVA DA EDIUS. Esta inscrición facerse de dúas formas:

  • As persoas matriculadas nun programa de doutoramento da USC deben facer a súa inscrición a través da Secretaría Virtual (Actividades > Oferta > Actividades da EDIUS) para que se recoñeza a asistencia como actividade de formación da EDIUS. Tamén a través deste link. A matrícula desta actividade estará aberta ata o 3 de novembro. 
  • O público xeral pode facer a súa inscrición a través deste outro link. Expediremos certificado de asistencia.

Agardamos que o programa sexa do voso interese e esperamos vervos a todas para compartir novas experiencias e aprender sobre dereitos laborais na investigación!

Podedes atopar toda a información sobre o evento na web: https://www.j-cli.com/

Gran resultado nas Eleccións ao Claustro da USC

O pasado 12 de febreiro celebráronse eleccións ao Claustro da USC. Como xa sabedes, por primeira vez na súa historia, a AIC presentou candidaturas nos 4 sectores que conforman o Claustro. Os resultados electorais foron igualmente históricos: 17 claustrais que fan da AIC o actor máis representativo do persoal investigador da USC. Os números detallados por sector son os seguintes:

  • 1 Claustral polo sector I
  • 8 Claustrais polo sector II
  • 8 Claustrais polo sector III

Na proclamación provisional, 15 das 17 candidatas electas xa foron confirmadas. As outras dúas persoas foron excluídas provisionalmente por unha interpretación restritiva da USC sobre a representación do subsector do persoal investigador en formación. Desde a AIC xa impulsamos un recurso ante a Comisión Electoral Central porque consideramos que o artigo 50.3 do Regulamento Electoral Xeral debería amparar a proclamación desas dúas candidaturas electas.

Queremos expresar o noso agradecemento polo apoio recibido, pola confianza depositada e pola implicación que fixo posible este resultado colectivo. Temos por diante anos nos que se decidirá o novo rumbo estratéxico da USC e se debaterán os novos Estatutos. Os resultados electorais da AIC permitarán que participemos nestes debates coa forza que corresponde. Mirando cara ao futuro, debemos lembrar que o presente éxito reflicte a traxectoria histórica e o compromiso diario da AIC na loita polos dereitos do persoal investigador. 

Debate: Candidatas á Reitoría 2026

O vindeiro xoves 11 todo a comunidade da USC ten unha cita ineludíbel co seu futuro: o debate das eleccións á Reitoría!

Teremos a oportunidade de coñecer de primeira man as propostas das candidatas a Reitora da Universidade en aspectos como gobernanza, política económica,  científica e de persoal, ou lingua e cultura.

Agardámosvos o vindeiro xoves 11 de decembro ás 16h30 no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais ✊✨

Que non poida acercarse á facultade, deixámosvos a continuación o streaming en Youtube: