O Estatuto do Persoal Investigador Predoutoral en Formación (EPIPF) establece unhas retribucións mínimas para o persoal contratado mediante contrato predoutoral. Que sexan unhas retribucións mínimas significa iso, é dicir, que estas poden ser superiores dando a posibilidade á entidade empregadora (universidade ou centro) a complementala.
A 1 de xaneiro de 2026 e tomando como referencia mínima a categoría correspondente ao grupo 1 do persoal laboral da táboa salario recollida no convenio único de persoal laboral da Administración Xeral do Estado (IV Convenio, en vigor actualmente), as retribucións mínimas son as seguintes:
| Anual | Mensual (14 pagas) | |
| 1º ano | 19.007,16 € | 1.357,65 € |
| 2º ano | 19.007,16 € | 1.357,65 € |
| 3º ano | 20.364,81 € | 1.454,63 € |
| 4º ano | 25.456,02 € | 1.818,29 € |
Podedes consultar o histórico aquí.
Páxina actualizada o 13 de xaneiro de 2026.