Unha cousa que nos solicitades moitas por correo é que vos recomendemos avogadas ou sindicatos para levar a cabo as vosas demandas. Dende a AIC non podemos recomendar ningún tipo de servizo mais si nos gustaría recompilar as opcións dispoñibles:
- Unha avogada particular.
- Unha avogada dun sindicato.
- Unha avogada de oficio. Na xurisdición do social e no contencioso-administrativo, os traballadores e beneficiarios da Seguridade Social teñen dereito a xustiza gratuíta (avogada de oficio, custas do social, etc).
Este dereito solicítase no colexio de avogados do lugar en que se ache o xulgado ou tribunal onde se vai presentar a demanda (hai que achegar fotocopia do DNI, e de ter iniciado o procedemento administrativo polo teu propio pé, o documento da Universidade onde se vos denega o dereito laboral). A avogada de oficio é asignada no momento. Tamén se pode solicitar noutras institucións que lle remitirían a vosa solicitude ó colexio.