Que é a AIC?

A Asociación “Asemblea de Investigadoras de Compostela” (AIC) é un lugar de encontro onde poder debater sobre as diferentes problemáticas que afectan ao colectivo investigador da USC. Ten como obxectivo principal defender os dereitos e aspiracións dunha carreira profesional digna das persoas investigadoras da USC exista ou non exista un vínculo xurídico e/ou remuneración.

Está formada por persoal de investigación, técnico e de xestión, e busca tratar as problemáticas de todos estes colectivos. Así, está aberta á incorporación de todas aquelas persoas que queiran mudar calquera tipo de situación de inxustiza dentro do ámbito da universidade!



Como se organiza?

  • Realización de asembleas xerais, nas que debater sobre as problemáticas existentes e camiños a tomar.
  • Organización interna xira en torno a un grupo (de Telegram) de persoas activas no que se se abren e pechan novas liñas de traballo en función da necesidade.

Como funciona o grupo de activas da AIC?

Existen catro grupos independentes en total: un grupo de coordinación que se encarga do correo electrónico e de programar as asembleas, un grupo de comunicación que se encarga da xestión das redes sociais da AIC, un grupo de socias no que calquera socia da AIC pode formular as cuestións que lle xurdan e comentar novidades dentro da universidade, e o grupo xeral de activas. As liñas xerais do grupo de activas son as seguintes:

  • Precisamos certo compromiso de traballo á hora de participar deste grupo. Para isto, e entendendo os tempos de cada unha, pedimos que as inscritas que se animen a entrar neste grupo comuniquen os períodos de inactividade longos.
  • As persoas que queiran entrar neste grupo deben mandar un correo á AIC indicando o seu usuario de Telegram e alguén de Coordinación as engadirá no grupo. Neste correo tamén poden indicar se existe algún tema que lles parece importante que se leve desde a AIC!
  • Dentro do chat de activas, o chat Xeral é o sitio onde se falará dos temas xerais e polo que as persoas de coordinación comenten os temas que chegan ao correo da AIC. Neste chat pódese propor a creación dun novo chat temporal ou topic para tratar un tema en concreto e será alguén de coordinación quen o cree. A persoa que propoña o novo topic será quen se responsabilice de coordinarlo.
  • A finalidade dos chats temporais é solucionar problemas concretos e serán fechados unha vez resoltos. Todo o mundo pode participar naqueles chats temporais nos que teña interese!

Exemplos de topics abertos

  • Listas de agarda dos contratos predoutorais da Xunta 2022.
  • Convocatoria de contratos predoutorais da Xunta 2023.
  • Equipamento informático para predoutorais.
  • Subas salariais de 2022 e 2023 para predoutorais Xunta e posdoutorais.

Ocórresevos algo que queirades resolver? Inscribídevos e unídevos ao chat de activas da AIC! Xuntas somos máis fortes.