Retribucións mínimas EPIPF

O Estatuto do Persoal Investigador Predoutoral en Formación (EPIPF) establece unhas retribucións mínimas para o persoal contratado mediante contrato predoutoral. Que sexan unhas retribucións mínimas significa iso, é dicir, que estas poden ser superiores dando a posibilidade á entidade empregadora (universidade ou centro) a complementala.

A 1 de xaneiro de 2026 e tomando como referencia mínima a categoría correspondente ao grupo 1 do persoal laboral da táboa salario recollida no convenio único de persoal laboral da Administración Xeral do Estado (IV Convenio, en vigor actualmente), as retribucións mínimas son as seguintes:

Anual Mensual (14 pagas)
1º ano 19.007,16 € 1.357,65 €
2º ano 19.007,16 € 1.357,65 €
3º ano 20.364,81 € 1.454,63 €
4º ano 25.456,02 € 1.818,29 €
Retribucións brutas mínimas a 1 de xaneiro de 2026 tomando como referencia o grupo M3 da AXE.

Podedes consultar o histórico aquí.

Páxina actualizada o 13 de xaneiro de 2026.