Vacacións, asuntos particulares e horario laboral

O calendario de festas, vacacións e días de asuntos particulares e permisos defínese todos os anos nos seguintes documentos:

Resumimos a continuación a información máis xeral e común a todas2.

1️⃣ A instrución de 2024 define a xornada ordinaria de traballo en 35 horas semanais. Durante a Semana Santa, Nadal, e os meses de verán (xuño, xullo e agosto) a xornada será reducida (30 horas).

2️⃣ A instrución establece por norma xeral 22 días laborais de vacacións a ser gastados ao longo do ano natural, se che aplica a instrución do PAS, ou en agosto, se che aplica a resolución do PDI.

3️⃣ Ademais establece para o 2024 un total de 12 días de asuntos propios se o teu centro de traballo ten patrón e 13 días se non o ten. Enumerámolos a continuación:

  • 9 días por asuntos particulares (a gastar durante todo o ano).
  • 1 día na semana da Ascensión se o teu centro está en Compostela, ou na semana do San Froilán se o teu centro está en Lugo (este día só pode ser gastado nesas semanas).
  • 2 días adicionais por caer en sábado o 6 de xaneiro e o 12 de outubro (a gastar durante todo o ano).
  • 1 día adicional se o teu centro de traballo no ten día de festividade propia, o que vén sendo o patrón/patroa (a gastar durante todo o ano).

Os días de asuntos particulares e vacacións adoitan poder gastarse, de xeito excepcional, máis alá do ano natural. Para máis detalles consultar nos documentos de aplicación (PDI ou PAS).

✍️ Solicitude

Tanto as vacacións como os permisos solicítanse na seguinte ligazón. Baixo a nosa interpretación, que pode ser incorrecta, entendemos que:

  • PAS correspóndese co PAS laboral e funcionario.
  • PDI correspóndese co PDI e Programas de RRHH (Predoutorais FPU, FPI, Xunta, Posdoutorais Xunta, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, etc.)
  • PI / PAI correspóndese con todo o persoal contratado a cargo a proxecto.

🎉 Festividades

Ditos documentos tamén marcan os día de festa. Hainos de 3 tipos:

  • Festas da Comunidade Autónoma.
  • Festas de ámbito local (Santiago de Compostela ou Lugo).
  • Festivos universitarios. Os grandes descoñecidos.
    • Santo Tomé de Aquino. Venres 26 de xaneiro de 2024.
    • Día de apertura do curso. Por determinar.
    • 24 e 31 de decembro. Noiteboa e fin de ano.

📆 Calendario de festivos

Se queres ter no teu calendario todos os días festivos da USC engade este calendario á túa axenda:




1 Ata o ano 2020 a USC aplicaba a instrución do PAS tamén ao PDI cuxos contratos están cofinanciados con programas de recursos humanos (predoutorais FPU, FPI e Xunta; posdoutorais Xunta, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, etc). A partir de 2021 este colectivo regúlase pola Resolución do PDI.

2 O aquí indicado pode cambiar dependendo da túa antigüidade ou do tipo de contrato e servizo que desenvolvas. Recomendamos para máis concreción consultar a propia instrución ou a resolución reitoral.

Páxina actualizada o 4 de abril de 2024.