Martes 13 de outubro ás 19:00. Anímate e participa entrando a través deste enlace.
Todo o sector investigador está en alerta:
- Polas demoras e/ou cancelacións das posdoutorais da Xunta para o ano 2020.
- Polos problemas que actualmente teñen as investigadoras da Modalidade A para cumplir coa execución das súas estadías durante a pandemia.
- Polas desigualdades derivadas, ano tras ano, da non contemplación de supostos de maternidade, adopción ou FIV nas convocatorias.
Desde a AIC cremos que é importante artellar canto antes unha estratexia de actuación que parta desde a unidade das investigadoras afectadas polos motivos agora expostos. Para iso cremos que é beneficioso compartir as distintas casuísticas co fin de buscar solucións e plans de acción cos que abordar os múltiples problemas que se presentan na etapa posdoutoral en Galicia.
Ademais, na sesión parlamentaria do martes 13 de outubro, que se vai poder seguir en liña, o BNG vai levar a debate a iniciativa sobre estas convocatorias. A raíz deste debate poden xurdir novas preguntas: pode ser a convocatoria en 2020 idéntica á dos outros anos? É suficiente?
Neste sentido queremos convocar unha xornada de traballo enfocada a tratar este asunto o propio martes 13, en horario de 19:00 a 21:00 a través de Microsoft Teams, aberta a todo o colectivo investigador que queira participar, pero especialmente dirixida ao persoal posdoutoral actual ou que vaia a convertirse en posdoutoral nos próximos meses.