Xoves 15 de outubro ás 20:00. Anímate e participa entrando a través deste enlace.
Tras matricularnos nun programa de doutoramento, mestúranse en nós un sentimento de ilusión cunha manchea de dúbidas sobre o noso futuro.
- Cando e como debo presentar o Plan de Investigación?
- Cales son as axudas públicas ás que podo optar para poder ter un contrato namentres investigo?
- Cales con os meus dereitos como doutorando na Universidade de Santiago de Compostela?
- …
Para axudar a resolver estas cuestións e todas as que poidan xurdir, desde a Asemblea de Investigadoras de Compostela convocamos o vindeiro xoves día 15 de outubro ás 20:00h unha reunión informativa. Entre todas, procuraremos dar resposta a todas esas preguntas que temos na cabeza cando comezamos a andaina de investigar, contando ademais coa experiencia e coñecementos de compañeiras que xa pasaron pola nosa situación. Non dubidedes en unirvos e achegarnos as vosas cuestións.
Por mor das restricións sanitarias derivadas da pandemia de Covid-19, a xuntanza terá lugar de maneira telemática empregando a ferramenta de Teams.