Data: 14 de xullo de 2022
Lugar: Facultade de Historia
A orde do día será a seguinte:
- Aprobación, se procede, da acta anterior.
- Informe da actividade recente:
- Convocatoria propia de contratos predoutorais.
- Docencia no doutoramento industrial
- Pago da matrícula de doutoramento en febreiro
- Axudas para viaxes de investigación (congresos)
- Organización de charlas
- Outros asuntos en proceso.
- Renovación da Xunta Directiva.
- Renovación da Coordinadora.
- Propostas, rogos e preguntas.
Animádevos a vir e así compartir este espazo todas as compañeiras de AIC xuntas, para poder coñecernos e falar dos temas nos que xa se está a traballar e tamén de novas ideas e problemáticas que estean a pasar.
Se algunha persoa non pode acudir e quere tratar algún tema ou que se comente algunha cuestión en concreto, non dubidedes en escribirnos. Moitas grazas de antemán!