Estado actual (febreiro 2022)
- A sentenza favorable do TSXG foi recurrida no Tribunal Supremo pola USC en palabras do Xerente “por unha cuestión de seguridade xurídica”. O alto tribunal anulou a sentenza do TSXG na que se condenaba á USC a restituír o dereito á indemnización por extinción de contrato arrebatado ao colectivo en 2016.
- Ao tratarse dunha reclamación por cantidade disponse de 1 ano para reclamar a indemnización dende a fin de contrato. É por iso, que moitas investigadoras están presentando demandas individuais para evitar que o seu dereito preescriba. Este foi o caso dunha compañeira da AIC que gañou unha demanda individual solicitando este dereito.
- Novembro de 2020. O Supremo condena o persoal investigador a volver a un pasado máis precario. O TS anula a sentenza do TSXG na que se condenaba á USC a restituír o dereito á indemnización por extinción de contrato arrebatado ao colectivo en 2016.
- Febreiro de 2022. De acordo ás declaracións da Ministra de Ciencia e despois das mobilizacións do 7-F por todo o Estado, a nova Lei da Ciencia recuperará o dereito de indemnización por extinción de contrato para os contratos pre e posdoutorais, incluídos os contratos vixentes. Ficamos a espera da súa tramitación parlamentar.
Sentenzas que amparan este dereito:
Sentenza que non ampara este dereito:
Ola! A páxina web da Asociación Asemblea de Investigadoras de Compostela emprega cookies só para fins estatísticos das visitas que recibimos así como para manexar a sesión de usuario.De acordoRexeitar cookies de terceiros