Convócase unha concentración este xoves 28 ás 11.30 diante da Reitoría coincidindo coa celebración do Consello de Goberno.
Dende a AIC facemos un chamamento a todas as persoas investigadoras, estudantes, profesores, técnicos e demais persoal da comunidade universitaria a participar nesta concentración a prol da dignidade investigadora e docente. Contra a precarización e a discriminación laboral.
Pregamos MÁXIMA DIFUSIÓN e ASISTENCIA á concentración. Porque o noso presente é tamén o teu futuro. Porque estamos fartas de que se nos silencie. Porque a carreira investigadora non pode seguir sendo sinónimo de precariedade.
Este é un momento clave para a asemblea e a propia visibilización das nosas demandas. Levamos moito tempo traballando nisto e non desaproveitaremos esta oportunidade. Partillade con todos os vosos contactos e non esquezades as vosas camisolas negras na casa!
Traede a vosa camisola negra #PorUnhaUSCDigna!