Anímate a participar a través deste enlace.
Convocamos a primeira asemblea deste curso académico 2020/21. Debido ao contexto que estamos a vivir na actualidade e para respectar todas as medidas sanitarias vixentes, a asemblea terá lugar de xeito telemático. A asemblea terá lugar o martes 01 de decembro ás 20:00 (1ª convocatoria ás 19:30) e se realizará utilizando a plataforma Microsoft Teams. A orde do día será a seguinte:
- Aprobación das actas da asemblea ordinaria do 17 de xuño, e da asemblea extraordinaria do 22 de xullo.
- Informes sobre algunhas das actividades recentes da Asemblea:
- Accións ante a falla de convocatoria de axudas posdoutorais.
- Simultaneidade Grao/Mestrado e doutoramento.
- Sentenza do Tribunal Supremo en relación á indemnización por fin de contrato.
- Charlas de Inicio de Curso e participación na charla da EDIUS.
- Matrícula parcial no doutoramento.
- Outras actividades.
- A AIC nos órganos de decisión da universidade.
- Por unha investigación democrática.
- Rogos, preguntas e rolda aberta de intervencións