Dende a AIC e InvestiGal, co apoio das Vicerreitorías de Investigación das tres universidades galegas, acabamos de enviar unha carta á Secretaría Xeral de Universidades (SXU) e ao GAIN, para evitar que se esixa a matrícula de doutoramento para acceder á convocatoria de axudas predoutorais da Xunta de Galicia de 2023.
En reunións anteriores coa SXU expuxeran que nesta nova convocatoria se ía volver pedir que as persoas que solicitasen estas axudas estivesen matriculadas nun programa de doutoramento no momento da solicitude. Na convocatoria anterior, conseguírase eliminar este requisito tras moito traballo da AIC e InvestiGal. Como xa expuxemos anteriormente, esta obrigatoriedade é prexudicial para o colectivo investigador e trátase dun factor excluínte. Todos os anos, numerosas persoas vense obrigadas a aboar un ano de matrícula dun programa de doutoramento para poder solicitar estas axudas, por teren que cumprir este requisito de estar matriculadas no momento de presentación de solicitudes.
Esperamos que a Xunta entenda a importancia de dita petición e acepte modificar dito criterio.
Podedes consultar o texto completo da carta enviada á Xunta a continuación: