Convocamos a próxima asemblea extraordinaria, e derradeira deste curso académico. Como as restricións xa o volven permitir, alegrámonos de comunicarvos que esta asemblea se vai celebrar de xeito presencial. De todas formas, para facilitar o acceso ás persoas que non estean por Compostela, esta asemblea será retransmitida tamén de xeito telemático.
A asemblea terá lugar o próximo mércores 7 de xullo de 2021, ás 19:00 (a 1ª convocatoria é ás 18:30) na Facultade de Historia (enderezo á retransmisión por Microsoft Teams). A orde do día será a seguinte:
- Aprobación, se procede, da acta anterior.
- Informe da actividade recente.
- Convocatoria propia de contratos predoutorais.
- Indemnización por antigüidade (trienios).
- Manifestación contra a universidade privada.
- Outros asuntos en proceso.
- Renovación da Xunta Directiva.
- Renovación da Coordinadora.
- Propostas, rogos e preguntas.
Se algunha persoa non pode acudir e quere tratar algún tema ou que se comente alguna cuestión en concreto, non dubidedes en escribirnos. Moitas grazas de antemán!