O martes 15 ás 20.00 horas organizamos unha charla informativa por Teams onde explicaremos que é a “PAGA EQUIPARACIÓN” que algunhas de vós recibistes na vosa nómina de febreiro.
Poderás conectarte a través da seguinte ligazón: i.gal/equi.
A modo resumo, moita xente seguiu a finais de 2020 e durante o 2021 coas categorías antigas e non coas aprobadas no Acordo sobre a clasificación profesional e as condicións retributivas do persoal investigador e do persoal de apoio á investigación da USC. As novas categorías traian consigo de maneira xeral unha maior retribución salarial.
Na charla abordaremos cuestións como:
- Que é este pago de equiparación?
- A cantidade que me aboaron é correcta? Xa vos adiantamos que non.
E trataremos de resolver todas as dúbidas que poidades ter.