Convocamos, tal e como se decidiu na última asemblea ordinaria, unha nova asemblea para este mes, que terá lugar o mércores 20 de marzo ás 20:00 na Aula 8 da Facultade de Xeografía e Historia. A orde do día é a seguinte:
- Aprobación das actas anteriores
- Valoración da xornada de mobilización (GdT Mobilizacións).
- Reunión co Xerente (GdT Contratos).
- Informe da reunión coa Vicerreitora de Organización polo PFID (GdT Calidade).
- Outros informes dos grupos de traballo.
- Presentación ante a asemblea do documento de actividades elaborado para o curso 2019.
- Proposta de novo GdT para o uso e o fomento da lingua galega na investigación.
- Valoración sobre a aprobación do EPIF.
- Rogos e preguntas