Continúan as asembleas abertas para traballar na organización e consolidación dunha nova asociación que defenda a investigación galega de maneira plural e transversal. As vindeiras localizacións destas asembleas serán:
👉 En Lugo, o martes 28 ás 18h00 na Sala de Xuntas do Edificio Administrativo da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría.
👉 En Compostela, o mércores 29 ás 18h00 na Aula 8 da Facultade de Ciencias da Comunicación.
👉 En Ourense, o mércores 29 ás 18h30 no Salón de Graos do Edificio Politécnico.
Se investigas ou queres investigar en Galicia, ou estás interesado na creación dun colectivo destas características, animámoste a asistir!
#Éomomento
#PorUnhaInvestigaciónDigna