Convocamos a derradeira asemblea deste curso académico 2019/20. Debido ao contexto que estamos a vivir na actualidade e para respectar todas as medidas sanitarias vixentes, a asemblea terá lugar de xeito telemático. A asemblea terá lugar o mércores 17 de xuño ás 20:00 (1ª convocatoria ás 19:30) e se realizará utilizando a plataforma Microsoft Teams. A orde do día será a seguinte:
- Aprobación da acta anterior.
- Resumo dos GdT.
- Valoración global pola COVID-19.
- Renovación da Xunta Directiva.
- Renovación da Coordinadora.
- Peche do curso académico 2019/20.
- Inicio do curso académico 2020/21.
- Varios e propostas.
As censadas tedes un mail co enlace de acceso, calquera persoa non socia con interese en participar pode poñerse en contacto coa AIC para que llo poidamos facilitar.