Dende a AIC apoiamos o Novo Pacto pola Ciencia coordinado polo colectivo “Coordinadora Marea Roja por la Investigación” da cal a AIC forma parte. Este pacto estatal, subscrito por máis de 40 asociacións e apoiado por multitude de partidos políticos, busca mellorar as condición da ciencia e das súas traballadoras a través de catro eixos fundamentais:
- A creación dun Estatuto do Persoal Investigador (EPI).
- Una redución e simplificación da burocracia existente.
- Unha maior transparencia, integridade, diversidade e coimplicación no sistema da ciencia.
- Un aumento substancial no financiamento para chegar ao 3% de investimento de I+D+i.
Para escenificar a sinatura do pacto por parte dos partidos políticos, produciuse un acto a pasada semana no Ateneo de Madrid con representación da devandita coordinadora e algunhas das asociacións que apoiaron o mesmo. Nese evento manifestaron o seu compromiso co texto a través da súa sinatura os partidos PSOE, PP, Sumar, Podemos, IU, Más Madrid, Más País, Compromís e Recortes Cero.
A maiores, o BNG tamén manifestara a súa intención de subscribir o pacto, mais por cuestións loxísticas non resultou posible a súa sinatura naquel intre en Madrid. Neste senso, o BNG ratificou esta semana o seu apoio ao pacto coa sinatura do mesmo nun pequeno acto que tivo lugar na Facultade de Matemáticas da USC.
O contido íntegro do pacto, xunto co nome das asociacións que o asinaron a data do 2 de xullo, pode lerse aquí.