O pasado 12 de febreiro celebráronse eleccións ao Claustro da USC. Como xa sabedes, por primeira vez na súa historia, a AIC presentou candidaturas nos 4 sectores que conforman o Claustro. Os resultados electorais foron igualmente históricos: 17 claustrais que fan da AIC o actor máis representativo do persoal investigador da USC. Os números detallados por sector son os seguintes:
- 1 Claustral polo sector I
- 8 Claustrais polo sector II
- 8 Claustrais polo sector III
Na proclamación provisional, 15 das 17 candidatas electas xa foron confirmadas. As outras dúas persoas foron excluídas provisionalmente por unha interpretación restritiva da USC sobre a representación do subsector do persoal investigador en formación. Desde a AIC xa impulsamos un recurso ante a Comisión Electoral Central porque consideramos que o artigo 50.3 do Regulamento Electoral Xeral debería amparar a proclamación desas dúas candidaturas electas.
Queremos expresar o noso agradecemento polo apoio recibido, pola confianza depositada e pola implicación que fixo posible este resultado colectivo. Temos por diante anos nos que se decidirá o novo rumbo estratéxico da USC e se debaterán os novos Estatutos. Os resultados electorais da AIC permitarán que participemos nestes debates coa forza que corresponde. Mirando cara ao futuro, debemos lembrar que o presente éxito reflicte a traxectoria histórica e o compromiso diario da AIC na loita polos dereitos do persoal investigador.