Todolos artigos de: Asemblea de Investigadoras de Compostela

Vitoria! O PFID xa recoñece os cursos da EDIUS sobre investigación

Certificado dun curso ofertado pola EDIUS co recoñecemento do PFID.

Hoxe é un día especial para AIC. Case tres anos despois da nosa fundación, logramos ver plasmada unha das nosas primeiras reivindicacións como colectivo; amosando que, se hai vontade, pódese.

Como algúns saberedes, os cursos do Programa de Formación e Innovación Docente (PFID) son unha ferramenta de interese para manter ao persoal investigador e docente da USC actualizado en diversas temáticas, ademais dun mérito relevante na avaliación dos investigadores, nos concursos ou nalgunhas oposicións. A matrícula destes cursos está aberta para os doutorandos sen contrato predoutoral mais, na práctica, resultaba imposible optar a eles, xa que as prazas son limitadas e se priorizan as inscricións do persoal con docencia.

O noso logro é simple. Despois de moito esforzo e negociación, logramos:

  • Un aumento da oferta de cursos con temática orientada á investigación. Estes cursos son ofertados pola EDIUS, a matrícula é libre e esta realízase simplemente por orde de inscripción.
  • A implantación do dobre recoñecemento da EDIUS e do PFID para estes cursos, de xeito que nos permita aos doutorandos sen contrato ter os mesmos dereitos, e poder obter os mesmos méritos, ca os contratados predoutorais neste eido.

Seguimos avanzando!

O que non che contaron das axudas predoutorais da Xunta de Galicia…

Tes pensado solicitar as axudas predoutorais da Xunta? Estás facendo o doutoramento baixo unha destas axudas e tes dúbidas sobre algún procedemento?

Se é así, animámoste a asistir á charla informativa que impartiremos o vindeiro xoves 13 de febreiro ás 20:15 na Aula 5 da Facultade de Matemáticas.

O obxectivo é contarvos todo o que sabemos grazas ao testemuño de compañeiras que moito tiveron que pelexar coas solicitudes, prazos e demais trámites.

Convocatoria Asemblea 20 de febreiro

Convocamos a primeira asemblea deste ano 2020 da Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC), que terá lugar o xoves 20 de febreiro ás 20:00 (1ª convocatoria ás 19:30) na aula 8 da Facultade de Xeografía e Historia. A orde do día será a seguinte:

  1. Aprobación, se procede, da acta anterior.
  2. Presentación, e aprobación de ser o caso, do plan xeral de actuación para 2020.
  3. Revisión, e aprobación de ser o caso, do estado de contas do ano 2019 e orzamentos para o 2020.
  4. Información e valoración sobre a creación do Espazo Unitario Galego pola Investigación.
  5. Informes da situación de cada Grupo de Traballo.
  6. Creación de novos Grupos de Traballo.
  7. Propostas e preguntas.

Continúan as asembleas abertas por unha asociación que defenda a investigación galega

Continúan as asembleas abertas para traballar na organización e consolidación dunha nova asociación que defenda a investigación galega de maneira plural e transversal. As vindeiras localizacións destas asembleas serán:

👉 En Lugo, o martes 28 ás 18h00 na Sala de Xuntas do Edificio Administrativo da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría.

👉 En Compostela, o mércores 29 ás 18h00 na Aula 8 da Facultade de Ciencias da Comunicación.

👉 En Ourense, o mércores 29 ás 18h30 no Salón de Graos do Edificio Politécnico.

Se investigas ou queres investigar en Galicia, ou estás interesado na creación dun colectivo destas características, animámoste a asistir!

#Éomomento
#PorUnhaInvestigaciónDigna

Segunda asemblea aberta por unha asociación que defenda a investigación galega

O vindeiro mércores 22 de xaneiro, ás 18h00 na Sala 1 do Edificio Miralles da UVigo, terá lugar a segunda asemblea aberta para traballar na organización e consolidación dunha nova asociación que defenda a investigación galega de maneira plural e transversal.

Se investigas ou queres investigar en Vigo, ou estás interesado na creación dun colectivo destas características, animámoste a asistir!

Próximamente noutros campus e centros de investigación!

#PorUnhaInvestigaciónDigna
#EspazoGalegoUnitario
#Éomomento