Arquivo da categoría: Novas

#MartesNegro1USC comezamos!

Lembrádevos que hoxe é o primeiro #MartesNegro! Subide as vosas fotografías ás redes sociais usando os hashtags: #MartesNegro1USC #MartesNegros #PorUnhaUSCDigna. Comezamos!

As camisolas seguen á venda a iranse fabricando segundo se vaian xuntando cantidade. Neste enlace está toda a información. Levamos máis de 150!

Un saúdo,
Asemblea de Investigadoras de Compostela

Segundo pedido de camisolas #PorUnhaUSCDigna

Acabamos de realizar o primeiro pedido de camisolas #PorUnhaUSCDigna. Nada menos que 118 camisolas💥!  Grazas pola colaboración e as doazóns!

Debido ao éxito e que non parades de preguntarnos se aínda se poden conseguir, abrimos un segundo período para poder conseguilas. O procedemento é o mesmo que da outra vez:

Canto custa?

O prezo dunha camisola é o custo de fabricación, 5€. A asociación non gaña nada. Mais convidámoste a facer unha pequena doazón de 1€ para cubrir gastos de impresión de carteis e material que está tendo a asociación.

Como talla?

Podes comprobar que talla che corresponde clickando en “Calculate size” (esquina superior dereita) en https://www.roly.es/model_CA6502

Como solicitar unha camisola?

  1. Pagamento vía PayPal. Non fai falla ter conta en Paypal. Calquera persoa cunha tarxeta de débito ou crédito pode pagar. A cantidade recadada será pública así como os pagamentos. Non se amosará ningún dato persoal.
  2. Indicar a talla neste formulario.Debes indicarnos o teu nome, dirección de correo, campus e as tallas das camisolas mercadas para poder entregarchas.

Sobra dicir que non fai falla ser asociada para mercar unha camisola. Podedes mercar as que queirades e para quen queirades.

Exemplos

  • Quero 2 camisolas, como fago? Ingresa 10€ vía PayPal e indica no formulario que 2 tallas precisas.
  • Quero 3 camisolas e ademais quero colaborar cos gastos que está tendo a asociación, como fago? Ingresa 16€ (15€ de camisolas + 1€ de colaboración) vía Paypal e indica no formulario que 3 tallas precisas.

Prazo

Non hai prazo como tal. O pedido realizarase cando reunamos unhas unidades mínimas, sempre na maior brevidade posible. Non te preocupes, cando estean listas recibirás un correo cos puntos de recollida.

#MartesNegros #PorUnhaUSCDigna

Na asemblea extraordinaria celebrada esta semana decidíronse as primeiras formas de protesta. Unha delas é a confección dunha camisola para dar visibilidade ás nosas solicitudes e ao pasotismo por parte do Equipo de Goberno da USC. De xeito reivindicativo, propoñemos vestila os martes, #MartesNegros #PorUnhaUSCDigna.

Canto custa?

O prezo dunha camisola é o custo de fabricación, 5€. A asociación non gaña nada. Mais convidámoste a facer unha pequena doazón de 1€ para cubrir gastos de impresión de carteis e material que está tendo a asociación.

Como talla?

Podes comprobar que talla che corresponde clickando en “Calculate size” (esquina superior dereita) en https://www.roly.es/model_CA6502

Como solicitar unha camisola?

  1. Pagamento vía PayPal. Non fai falla ter conta en Paypal. Calquera persoa cunha tarxeta de débito ou crédito pode pagar. A cantidade recadada será pública así como os pagamentos. Non se amosará ningún dato persoal.
  2. Indicar a talla neste formulario.Debes indicarnos o teu nome, dirección de correo, campus e as tallas das camisolas mercadas para poder entregarchas.

Sobra dicir que non fai falla ser asociada para mercar unha camisola. Podedes mercar as que queirades e para quen queirades.

Exemplos

  • Quero 2 camisolas, como fago? Ingresa 10€ vía PayPal e indica no formulario que 2 tallas precisas.
  • Quero 3 camisolas e ademais quero colaborar cos gastos que está tendo a asociación, como fago? Ingresa 16€ (15€ de camisolas + 1€ de colaboración) vía Paypal e indica no formulario que 3 tallas precisas.

Prazo

Damos de prazo ata o domingo 17 ás 22.00h co fin de ir encargalas o luns a primeira hora. Cando estean listas recibirás un correo cos puntos de recollida.

Charla informativa: O que non che contaron das axudas predoutorais da Xunta de Galicia

Contáronche por que é un requisito estar matriculado no doutoramento?

Sabías que a USC non lle aplica a subida salarial que lle corresponde aos predoc da Xunta?

Contáronche por que agora hai dúas modalidades? Ou por que hai que adecuarse a unhas liñas estratéxicas europeas?

Sabías que a USC non lle paga indemnización ao rematar o contrato a ningún contratado predoc?

Seguramente na charla institucional non che responderon estas e outras preguntas porque tampouco o fixeron outros anos. Por iso, invitámoste a asistir á charla informativa sobre as axudas predoutorais que fará a Asemblea de Investigadoras de Compostela o próximo martes ás 12:30 na Aula 5 da Facultade de Matemáticas.

Novos salarios mínimos e novo horario

A USC vén de publicar a nova táboa de retribucións MÍNIMAS para o ano 2019. Coa nova subida do 2.25% acentúase a discriminación sufrida polas persoas investigadoras a cargo de convocatorias públicas, as únicas que non cobran estas subidas de aplicación a toda a Universidade.

Ano Subida Salario anual inv. en formación Diferencia cun salario FPU/FPI
2015 0% 16.422,00 € 0,00 €
2016 1% 16.586,22 € 164,22 €
2017 1% 16.752,08 € 330,08 €
2018 1.75% 17.045,24 € 623,24 €
2019 2.25% 17.428,76 € 1.006,76 €

Por poñer un exemplo, unha investigadora en formación contratada con financiamento do Ministerio (FPU/FPI) estará percibindo a partir de 2019 1.006,76€ menos que o salario mínimo que establece a propia Universidade.

Por poñer outro exemplo, un investigador predoutoral contratado Xunta modalidade A ao que lle aplicaran as subidas salariais destes últimos anos pasaría dun salario anual de 18.970€ a 20.132€, e no caso da modalidade B de 16.548€ a 17.562€.

Como xa sabedes, dende a Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC) estamos mantendo reunións cos diferentes sindicatos e a propia Xerencia para tentar solventar dita situación. Precisamos ser máis para ter máis forza. Anima aos e ás túas compañeiras a unirse á AIC.

👉 Por outra banda o Xerente facía público en decembro o acordo para a recuperación da xornada laboral a tempo completo de 35 h. semanais, a que tiñamos antes de que as subiran ás 37,5 h. que viñan sendo até agora. O acordo recollía que sería de aplicación a partir do 2 de xaneiro de 2019, se ben aínda seguimos agardando a que publiquen unha instrución onde se recolla expresamente.

EDITADO [31/01/2019]: Instrución I/2019 da Xerencia sobre a aplicación da xornada de 35 horas