Estado actual (outubro 2022)
- Ante a socialización da demanda por parte da AIC moitas investigadoras pre- e posdoutorais (PDI Laboral) solicitaron por rexistro o complemento por antigüidade víndolle este denegado. A USC négase a pagalo de oficio ata que unha demanda colectiva os obrigue. Os sindicatos traballan nesa demanda colectiva mais o proceso alongarase segundo nos din máis de 1 ano. O 31 de agosto de 2020 comezou ese proceso cun recurso de CCOO pola vía administrativa. O 27 de novembro de 2020 CCOO, CIG e UGT rexistran solicitude de reunión da comisión paritaria do convenio. O 17 de marzo de 2021 reúnense as universidades e os sindicatos. As universidades comunican a súa intención de comezar a pagar o complemento dende 2021. Emprazan aos sindicatos a novas reunións para pechar ditas intencións. O 7 de abril nunha nova comisión paritaria as universidades néganse a facer efectivo dito dereito.
- Na última semana de xullo de 2021 a USC acepta aboar os trienios ao persoal investigador a partir do 1 de setembro e por anualidades. A universidade comprométese cos sindicatos a enviar a finais de agosto o procedemento a seguir para a súa solicitude. Pódese consultar o acordo na seguinte ligazón.
- O procedemento de solicitude a seguir está publicado na seguinte instrución.
- En abril 2022 a USC comezou a aboar os trienios a todo o persoal con efectos dende setembro de 2021.
- Mentres tanto, moitas investigadoras continúan a solicitar e demandar individualmente o complemento xa que o dereito existía antes que o acordo asinado pola USC e os sindicatos (xudicialmente podes reclamar 1 ano para atrás).
As sentenzas que amparan este dereito
- Sentenza 1 na USC (2019)
- Sentenza 2 na USC (2022)
- Sentenza 3 na USC (2022)
- Sentenza 4 na USC (2022)
- Sentenza 5 na USC (2022)
- Sentenza 6 na USC (2022)
- Sentenza 7 na USC (2022)
- Sentenza 8 na USC (2022)
- Sentenza 9 na USC (2022)
- Sentenza na UVigo (2020)
- Sentenza na UVigo (2022)
- Moitas máis pero xa nos aburrimos de recompilalas
Preguntas frecuentes
- Que é o complemento por antigüidade ou trienio?
- É literalmente un complemento salarial co cal se compensa a fidelidade dunha traballadora ou a experiencia adquirida durante o tempo de servizos prestados. Cada 3 anos de antigüidade (a tempo completo ou a tempo parcial, con contratos continuados ou con espazo temporal entre eles, e contando tamén antigüidade en organismos públicos) conséguese un trienio na USC. É dicir, se levas 3 anos traballando na universidade, correspóndeche 1 trienio, se levas 6 correspóndenche 2, etc. Este dereito vén regulado nos convenios correspondentes.
- A canto equivale un trienio?
- Depende de se es PDI ou PAS. Se es PDI (cómpre lembrar que o persoal predoutoral e posdoutoral contratado con cargo a un programa de RRHH -Xunta, FPU, FPI, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal…- é PDI Laboral), como no caso da demanda gañada, o complemento por trienio é o correspondente ao do persoal funcionario do subgrupo A1. No ano 2021 son 46.74 €/mes máis extras tal e como se pode ver en https://www.usc.es/gl/servizos/sxp/taboas/tabPDI21.html.
- Importante! O primeiro trienio tes que solicitalo. Non o aboan automaticamente.
Importante solicitar o trienio nada máis cumprir os 3 primeiros anos de antigüidade, pois de non facelo só che aboarán o complemento dende o momento que o solicitaches.
- Como se solicita (co acordo de 2021)?
O procedemento de solicitude a seguir está publicado na seguinte instrución.
Como se solicitaba (antes do acordo de 2021)?
Enviando por rexistro da USC (dirixido ao Servizo de Xestión de Persoal ou a Xerencia) o formulario pertinente que podedes atopar nesta ligazón: https://www.usc.es/gl/servizos/sxp/antiguedad.html. A Universidade ten 3 meses para responder ou entenderase silencio administrativo negativo.Se a universidade responde negativamente queda o dereito a presentar un recurso de reposición no prazo de 1 mes (opcional, podes pasar directamente ó paso 3).Finalmente, se a solicitude (e o recurso, de ser o caso) é desestimado ou non respondido no prazo legal establecido, hai que acudir á xustiza. O prazo é de 2 meses dende a recepción da resposta da USC ou o silencio administrativo.