Lembrádevos que hoxe é o primeiro #MartesNegro! Subide as vosas fotografías ás redes sociais usando os hashtags: #MartesNegro1USC #MartesNegros #PorUnhaUSCDigna. Comezamos!
As camisolas seguen á venda a iranse fabricando segundo se vaian xuntando cantidade. Neste enlace está toda a información. Levamos máis de 150!
Un saúdo, Asemblea de Investigadoras de Compostela
A
Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC) acaba de recibir da
Comisión da Transparencia de Galicia -adscrita ao Valedor do Pobo-
información que desmonta as escusas que o Equipo de Goberno da USC
emprega para tratar de xustificar a situación de discriminación á
que ten sometido a parte do persoal de investigación: a suposta
falta de fondos.
Esta
comisión estima a reclamación presentada pola AIC contra o silencio
administrativo co que a Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria tratara de dar por resolta unha solicitude
de información, presentada no Portal de Transparencia da Xunta de
Galicia, referente ao financiamento que recibe a Universidade de
Santiago de Compostela no Plan Galego de Financiamento Universitario
2016-2020 por captación de talento investigador, produción
científica, teses de doutoramento defendidas, etc. das persoas en
etapa predoutoral. En concreto, preguntábase canto recibe a USC da
parte variable dos indicadores relacionados directamente coas persoas
investigadoras predoutorais e a que se destinan estes recursos.
Hai
que lembrar que as persoas deste colectivo xa teñen cubertos os seus
custes salariais polas axudas das correspondentes convocatorias
públicas. Polo que estes son fondos extra percibidos pola USC a
maiores, polo simple feito de ter captado a estas persoas e polo
traballo que elas realizan (produción científica, teses, etc.).
Na
súa resposta á Comisión da Transparencia, a Consellería trata de
xustificar a dificultade -ou incluso imposibilidade- de obter toda a
información solicitada, pero indica que “Tras realizar un traballo
de elaboración, a Consellería pode obter certa información
desagregada no indicador PGFU-02 (Captación de talento
investigador), advertindo que este dato está referido unicamente a
aqueles predoutorais captados en convocatorias ou programas
competitivos e non a todos os matriculados nas universidades. De
acordo co anterior, no cómputo para o plan no ano 2017 considérase
que os ingresos obtidos pola Universidade de Santiago de Compostela
para ese indicador son 1.356.810 €, dos 6.954.436 € asignados a
dita Universidade por ese indicador”.
É
dicir, mentres se lles negaba a estas persoas unha suba salarial de
só 11,73 € ao mes -alegando non ter diñeiro-, a USC percibía por
elas máis de 1,3 millóns de euros extra só por unha parte dun dos
indicadores dese ano. É indignante.
Á
pregunta de a que destina a USC estes recursos, a Consellería só
responde que “no caso de que puideran determinarse de maneira
exacta, sería un dato que tería que solicitarse á Universidade de
Santiago de Compostela”.
Contesta a isto a Comisión da Transparencia resolvendo “Instar así
mesmo á Consellería a que remita, de conformidade co disposto no
artigo 19.1 da Lei 19/2013, a solicitude do interesado á
Universidade de Santiago de Compostela a efectos de que esta
institución lle informe sobre o destino dos referidos recursos”.
Seguimos
agardando a que tanto a Consellería como a USC nos remitan a
información completa para ver en canto aumentan estas cantidades
pero, só coas xa coñecidas, damos por totalmente desmontadas as
escusas que o actual Equipo de Goberno pon para non solucionar este
problema. A conclusión é clara: a USC gaña diñeiro precarizando a
estas persoas.
Reafirmamos
con isto a necesidade de facer pública esta situación de
discriminación, desprezo e malgasto. Situación coa que nos empurran
a ter que seguir protestando e mobilizándonos.
As promesas incumpridas, as mentiras e as falsidades combátense con loita, datos e verdades.
Acabamos de realizar o primeiro pedido de camisolas #PorUnhaUSCDigna. Nada menos que 118 camisolas💥! Grazas pola colaboración e as doazóns!
Debido ao éxito e que non parades de preguntarnos se aínda se poden conseguir, abrimos un segundo período para poder conseguilas. O procedemento é o mesmo que da outra vez:
Canto custa?
O prezo dunha camisola é o custo de fabricación, 5€. A asociación non gaña nada. Mais convidámoste a facer unha pequena doazón de 1€ para cubrir gastos de impresión de carteis e material que está tendo a asociación.
Como talla?
Podes comprobar que talla che corresponde clickando en “Calculate size” (esquina superior dereita) en https://www.roly.es/model_CA6502
Como solicitar unha camisola?
Pagamento vía PayPal. Non fai falla ter conta en Paypal. Calquera persoa cunha tarxeta de débito ou crédito pode pagar. A cantidade recadada será pública así como os pagamentos. Non se amosará ningún dato persoal.
Indicar a talla neste formulario.Debes indicarnos o teu nome, dirección de correo, campus e as tallas das camisolas mercadas para poder entregarchas.
Sobra dicir que non fai falla ser asociada para mercar unha camisola. Podedes mercar as que queirades e para quen queirades.
Exemplos
Quero 2 camisolas, como fago? Ingresa 10€ vía PayPal e indica no formulario que 2 tallas precisas.
Quero 3 camisolas e ademais quero colaborar cos gastos que está tendo a asociación, como fago? Ingresa 16€ (15€ de camisolas + 1€ de colaboración) vía Paypal e indica no formulario que 3 tallas precisas.
Prazo
Non hai prazo como tal. O pedido realizarase cando reunamos unhas unidades mínimas, sempre na maior brevidade posible. Non te preocupes, cando estean listas recibirás un correo cos puntos de recollida.
Na asemblea extraordinaria celebrada esta semana decidíronse as primeiras formas de protesta. Unha delas é a confección dunha camisola para dar visibilidade ás nosas solicitudes e ao pasotismo por parte do Equipo de Goberno da USC. De xeito reivindicativo, propoñemos vestila os martes, #MartesNegros #PorUnhaUSCDigna.
Canto custa?
O prezo dunha camisola é o custo de fabricación, 5€. A asociación non gaña nada. Mais convidámoste a facer unha pequena doazón de 1€ para cubrir gastos de impresión de carteis e material que está tendo a asociación.
Como talla?
Podes comprobar que talla che corresponde clickando en “Calculate size” (esquina superior dereita) en https://www.roly.es/model_CA6502
Como solicitar unha camisola?
Pagamento vía PayPal. Non fai falla ter conta en Paypal. Calquera persoa cunha tarxeta de débito ou crédito pode pagar. A cantidade recadada será pública así como os pagamentos. Non se amosará ningún dato persoal.
Indicar a talla neste formulario.Debes indicarnos o teu nome, dirección de correo, campus e as tallas das camisolas mercadas para poder entregarchas.
Sobra dicir que non fai falla ser asociada para mercar unha camisola. Podedes mercar as que queirades e para quen queirades.
Exemplos
Quero 2 camisolas, como fago? Ingresa 10€ vía PayPal e indica no formulario que 2 tallas precisas.
Quero 3 camisolas e ademais quero colaborar cos gastos que está tendo a asociación, como fago? Ingresa 16€ (15€ de camisolas + 1€ de colaboración) vía Paypal e indica no formulario que 3 tallas precisas.
Prazo
Damos de prazo ata o domingo 17 ás 22.00h co fin de ir encargalas o luns a primeira hora. Cando estean listas recibirás un correo cos puntos de recollida.
Contáronche por que é un requisito estar matriculado no
doutoramento?
Sabías que a USC non lle aplica a subida salarial que lle
corresponde aos predoc da Xunta?
Contáronche por que agora hai dúas modalidades? Ou por que hai que adecuarse a unhas liñas estratéxicas europeas?
Sabías que a USC non lle paga indemnización ao rematar o contrato a ningún contratado predoc?
Seguramente na charla institucional non che responderon estas e outras preguntas porque tampouco o fixeron outros anos. Por iso, invitámoste a asistir á charla informativa sobre as axudas predoutorais que fará a Asemblea de Investigadoras de Compostela o próximo martes ás 12:30 na Aula 5 da Facultade de Matemáticas.
Ola! A páxina web da Asociación Asemblea de Investigadoras de Compostela emprega cookies só para fins estatísticos das visitas que recibimos así como para manexar a sesión de usuario.