Convocamos a primeira asemblea deste curso académico 2019/2020 da Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC), que terá lugar o martes 12 de novembro ás 20:00 na aula 8 da Facultade de Xeografía e Historia. A orde do día será a seguinte:
- Aprobación da acta anterior.
- Presentación da AIC e informes de coordinación.
- Problemáticas do persoal predoutoral.
- Problemáticas do persoal posdoutoral.
- Problemáticas do persoal doutras categorías.
- Campaña dos Martes Negros.
- Situación da investigación en Galicia.
- Instauración da universidade privada no SUG.
- Situación actual e perspectivas do movemento estudantil na USC.
- Anuncio de actividade do GdT de Xénero: proxección do documental Tódalas mulleres que coñezo (2018) e coloquio posterior sobre feminismo e universidade coa directora e unha das súas protagonistas.
- Rogos e preguntas.