Martes 13 de outubro ás 19:00. Anímate e participa entrando a través deste enlace.
Todo o sector investigador está en alerta:
Polas demoras e/ou cancelacións das posdoutorais da Xunta para o ano 2020.
Polos problemas que actualmente teñen as investigadoras da Modalidade A para cumplir coa execución das súas estadías durante a pandemia.
Polas desigualdades derivadas, ano tras ano, da non contemplación de supostos de maternidade, adopción ou FIV nas convocatorias.
Desde a AIC cremos que é importante artellar canto antes unha estratexia de actuación que parta desde a unidade das investigadoras afectadas polos motivos agora expostos. Para iso cremos que é beneficioso compartir as distintas casuísticas co fin de buscar solucións e plans de acción cos que abordar os múltiples problemas que se presentan na etapa posdoutoral en Galicia.
Ademais, na sesión parlamentaria do martes 13 de outubro, que se vai poder seguir en liña, o BNG vai levar a debate a iniciativa sobre estas convocatorias. A raíz deste debate poden xurdir novas preguntas: pode ser a convocatoria en 2020 idéntica á dos outros anos? É suficiente?
Neste sentido queremos convocar unha xornada de traballo enfocada a tratar este asunto o propio martes 13, en horario de 19:00 a 21:00 a través de Microsoft Teams, aberta a todo o colectivo investigador que queira participar, pero especialmente dirixida ao persoal posdoutoral actual ou que vaia a convertirse en posdoutoral nos próximos meses.
Este mércores, 12
de xuño, o Xerente da Universidade de Santiago de Compostela vén de
anunciar que cumprirá a lei.
Así, tres meses
despois da entrada en vigor do Estatuto do Persoal Investigador
Predoutoral en Formación (EPIPF), aprobado por R.D. 103/2019, a USC
anuncia que o acatará e que empezará a pagar os salarios mínimos
aos que está obrigada, posiblemente na nómina de xullo. É dicir,
que aínda haberá que seguir agardando.
Desde a Asemblea de
Investigadoras de Compostela xa fomos críticas no seu momento coa
redacción final do EPIPF que aprobou o Goberno, pois non recollía
algunhas das importantes demandas que o colectivo predoutoral lle
tiña trasladado. Logo, ficamos abraiadas ao ver que a USC se negaba
a aplicalo cando entrou en vigor. E, agora, estamos profundamente
decepcionadas pola oportunidade perdida pola USC, xa que anunciou que
se limitará a cumprir só os mínimos aos que entende que lle obriga
a lei, mentres segue negándose a atender as nosas demandas, a
cumprir a súa propia normativa interna e, incluso, a sentenza
xudicial que a condena a pagar a indemnización por extinción de
contrato.
A medida anunciada pola USC traduciríase en que algunhas persoas con contrato predoutoral de, por exemplo, 3 ou 4 anos (as duracións máis comúns de contratos vencellados a convocatorias de axudas públicas) estarían cobrando, respectivamente e segundo os mínimos asumidos pola USC na súa interpretación do EPIPF, 4.472,27 € ou 874,64 € menos que as persoas da súa mesma categoría, ás que si se lles está aplicando a normativa interna da USC e si se lles está pagando a indemnización. Todo isto segundo os cálculos feitos coas retribucións mínimas actualmente vixentes para ambas normativas e para a duración total do contrato. É dicir, acatando así o EPIPF, a USC segue incumprindo, segue discriminando e segue aforrando cartos.
Normativa USC
Novo EPIPF
Diferenza
Retribucións Ano 1
17.428,76 €
16.127,59 €
-1.301.17 €
Retribucións Ano 2
17.428,76 €
16.127,59 €
-1.301.17 €
Retribucións Ano 3
17.428,76 €
17.279,56 €
-149.20 €
Indemnización Extinción
1.720,72 €
0,00 €*
-1.720,72 €
Total
54.007,00 €
49.534,73 €
-4.472,27 €
Normativa USC
Novo EPIPF
Diferenza
Retribucións Ano 1
17.428,76 €
16.127,59 €
-1.301.17 €
Retribucións Ano 2
17.428,76 €
16.127,59 €
-1.301.17 €
Retribucións Ano 3
17.428,76 €
17.279,56 €
-149.20 €
Retribucións Ano 4
17.428,76 €
21.599,45 €
4.170,69 €
Indemnización Extinción
2.293,77 €
0,00 €*
-2.293,77 €
Total
72.008,81 €
71.134,17 €
-874,64 €
* A USC recorreu a sentenza que a condena a pagala e néganse a facelo. Cadros: Importes correspondentes ao ano 2019 para a categoría de Investigador/a en Formación
Por que se anuncia entón que “a USC investirá outros 200.000 euros en incrementos salariais” -como puidemos ver publicado en varios medios-?. Pois por dúas razóns: porque a USC non está cumprindo a lei e está pagando menos do que debe a parte do colectivo predoutoral, co conseguinte aforro, e porque ademais, agardando ao mes de xullo fai coincidir esta regularización co pago dos atrasos que lles debe desde o 16 de marzo -data na que entrou en vigor- e coa suba do 0,25% do mes de xullo que tamén está obrigada a facer por lei. Suba esta, dito sexa de paso, que segue negándose a aplicarlle a parte do seu persoal, como vén facendo desde o ano 2016.
O de “outros”,
francamente, non sabemos a que vén.
Así as cousas, tras
un ano de mandato, o Equipo de Goberno da USC segue negándose a
atender as principais demandas do colectivo. E non é que non as
aplique, é que non quere nin sequera falar delas nin negocialas. Nin
coa AIC nin cos sindicatos.
Un ano no que a USC
nin fixo nada ao respecto nin mudou de actitude. Un ano perdido.
Por todo isto, non nos queda outra que seguir loitando nos #MartesNegros #PorUnhaUSCDigna e explorar novas vías de mobilización e protesta.
Dende a Asemblea de Investigadoras de Compostela temos o pracer de organizar unha xornada sobre dereitos laborais este mércores 12 de xuño ás 18.30 na Aula 8 da Facultade de Xeografía e Historia.
Alba Nogueira, Catedrática de Dereito Administrativo, será a encargada de explicar e expoñer aqueles temas que máis inquedanzas nos producen e que recollemos na pasada enquisa que vos remitimos.
A xornada comezará cunha charla introdutoria na que o noso compañeiro David Chapela, investigador no CiTIUS e membro da AIC, falará sobre como entender a nosa nómina. Pecharemos a sesión cun coloquio aberto á participación do público.
A Asemblea de
Investigadoras de Compostela (AIC) celebra a sentenza do Tribunal
Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) na que se acaba de condenar á
Universidade de Santiago de Compostela a pagar ao colectivo
predoutoral a indemnización por extinción de contrato.
A reclamación deste
dereito fora unha das primeiras peticións que desde a AIC se lle
trasladara tanto ao Reitor, Antonio López, como ao Vicerreitor de
Investigación e Innovación, Vicente Pérez Muñuzuri, e ao Xerente,
Javier Ferreira. Pero nunca ningún deles, nin do Equipo de Goberno
da USC, amosou o máis mínimo interese por solucionar o problema.
Máis ben todo o contrario, sempre nos trataron con desprezo e se
negaron a negocialo. Sendo este un dos motivos que nos levou a
mobilizarnos e a iniciar a campaña dos #MartesNegros
#PorUnhaUSCDigna coa que continuamos e coa que seguiremos.
O da indemnización
por extinción de contrato tamén era un dos dereitos que solicitamos
que fose explicitamente recollido no Estatuto do Persoal Investigador
Predoutoral en Formación (EPIPF). Pero, por desgraza, o Goberno non
quixo nin mencionalo na súa redacción final recentemente publicada
no BOE.
Agora, esta sentenza
do TSXG vén a colocar no seu sitio os marcos que tanto o Goberno
como a USC trataron de mover.
Nega ademais na súa
sentenza o TSXG que o contrato predoutoral -así definido no artigo
21 da Lei da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación- poida ser
considerado un contrato formativo, pois afirma que “en modo algún
pode equipararse ao subscrito polos traballadores afectados polo
conflito aínda cando se denomine predoutoral en formación”.
Hai que lembrar que
alegar que son contratos formativos é unha das moitas escusas que o
Equipo de Goberno da USC vén empregando para negarlle aos seus
traballadores e traballadoras este e outros dereitos. Queda claro
agora o que levamos defendendo desde hai moito tempo na AIC: que
adxectivar artificialmente algo como “en formación” non o
convirte en formativo.
Pola contra,
equipara o TSXG no seu fallo o contrato predoutoral ao contrato
temporal por obra ou servizo determinado, afirmando que “a
consecuencia de todo isto é que os contratos dos demandantes deben
cualificarse como temporais de obra ou servizo, e á súa
finalización teñen dereito a percibir a indemnización establecida
no artigo 49, 1, c) do Estatuto dos Traballadores na contía que en
cada caso corresponda”. Recoñécese así o dereito do persoal
investigador con contrato predoutoral a percibir unha indemnización
por extinción de contrato de 12 días de salario por cada ano
traballado.
A sentenza que
acabamos de coñecer é por unha demanda de conflito colectivo
presentada por CCOO no ano 2017 contra a USC e admite recurso ante o
Tribunal Supremo.
Desde a Asemblea de
Investigadoras de Compostela emprazamos unha vez máis ao Equipo de
Goberno da USC a que se sente a dialogar e negociar unha solución
definitiva tanto para este como para os demais problemas que lle
temos trasladado.
Mentres os problemas non se solucionen, a AIC seguirá loitando en tódalas frontes #PorUnhaUSCDigna.
Comunicado Conxunto da Federación de Jóvenes Investigadores e Dignidad Investigadora
O pasado venres 15 de marzo publicouse no BOE Real Decreto 103/2019, de 1 de marzo, polo que se aproba o Estatuto do Persoal Investigador Predoutoral en Formación (EPIPF). Sobra dicir que este estatuto debería ter saído en 2013, tal e como se explicita na Lei da Ciencia de 2011. Os investigadores predoutorais levabamos máis de tres anos negociando cos diferentes gobernos o desenvolvemento dun estatuto que dese por fin un marco xurídico aos contratos predoutorais e á relación laboral cos seus centros. Como entidades presentes durante o proceso de negociación vémonos na necesidade de sinalar varios aspectos que nos pareceron ambiguos e algo decepcionantes.
Para empezar, gustaríanos comezar polo propio título do estatuto. Na disposición adicional segunda da Lei da Ciencia prevese a creación do “Estatuto do Persoal Investigador en Formación” e non o “Estatuto do Persoal Investigador Predoutoral en Formación”, que é o que se aprobou no Real Decreto que nos ocupa. Aínda que semella un detalle sen importancia, este cambio deixaría fóra do estatuto a todos aqueles que non teñan un contrato predoutoral, xa que é a propia Lei da Ciencia a que crea a figura de persoal investigador predoutoral en formación especificamente para aqueles que teñan un contrato predoutoral. Desta forma, non poderán acollerse a este estatuto aqueles que realicen a súa tese doutoral sen contrato ou a aqueles aos que xa remataran un contrato predoutoral pero non conseguisen o título de doutor.
Tamén resulta sorprendente que durante o trámite de audiencia do EPIPF o Goberno apuntase na “Memoria de Análise de Impacto Normativo” que este ía afectar aos orzamentos da Administración do Estado e, agora, a disposición final cuarta do EPIPF sinale que a aplicación desa norma non suporá incremento do gasto público. Estamos convencidos de que este cambio está relacionado coa eliminación da disposición transitoria única negociada co anterior Goberno (a cal foi publicitada nos medios de comunicación como un logro do executivo actual) tras a aprobación do documento final polo Consello de Ministros, que recoñecía como salario mínimo, común a todos os contratos predoutorais, 16.422€ anuais. No seu lugar, o salario mínimo durante os dous primeiros anos reducirase até 15.888,77€ anuais brutos, isto é, o 56% do salario de categoría correspondente ao Grupo 1 do persoal laboral da táboa salarial recollida no Convenio Único de Persoal Laboral da Administración Xeral do Estado. Isto supón unha diferenza de máis de 500€ anuais respecto do salario mínimo pactado coas asociacións e sindicatos.
Por outra banda, é de resaltar unha cláusula enigmática que apareceu da nada, posto que non estaba en ningún dos borradores emitidos pola antiga SEIDI durante a negociación: “la aplicación de la cantidad anual resultante se podrá también computar al periodo total del contrato predoctoral de cuatro años” (Art 7.3). Segundo a nota informativa emitida polo Ministerio de Ciencia o 22 de marzo de 2019, esta cláusula permite que os centros poidan prorratear o salario sumando as retribucións correspondentes a cada ano e dividíndoas entre o número de anos de duración do contrato. Desta cláusula despréndese que aqueles contratos predoutorais que se asinen por 4 anos non se beneficiarán das subas salariais que se produzan durante ese tempo nas táboas salariais da Administración Xeral do Estado. Ademais isto ten o agravante dunha menor prestación por desemprego posto que esta calcúlase en base aos 6 últimos meses cotizados.
Outra decepción é a referente ao dereito dos investigadores predoutorais á indemnización por finalización de contrato. Trátase dunha das reivindicacións centrais dos colectivos de afectados, que finalmente non foi atendida polo Goberno a pesar de formar parte do pacto para a aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado asinado con Unidos Podemos. Isto demostra o escaso valor que dende o Goberno se dá aos pactos alcanzados a todos os niveis, e a escasa relevancia que ocupa no Goberno a dignificación da carreira investigadora.
Tampouco se modificou o artigo sobre a suspensión do cómputo do contrato en caso de abandono de funcións do director de tese, a pesar de comprometerse a isto na última reunión mantida cos representantes do Ministerio de Ciencia. Daquela acordouse que en dita situación a suspensión do cómputo do contrato tivese lugar dende a data na que se presenta a denuncia (aínda que o ditame favorable fose posterior) e non dende que se emite o ditame favorable. É máis indignante aínda ver como non se aproba esta medida que non supón para nada un incremento de custo, senón simplemente a boa vontade de querer incluíla.
Dende Dignidad Investigadora e a Federación de Jóvenes Investigadores manifestamos a nosa profunda decepción con este Estatuto. Foron seis anos de espera para a súa publicación e dous anos de negociacións tediosas, ambiguas e cheas de falsos compromisos, tanto polo anterior Goberno do PP como do actual Goberno do PSOE, que tiveron como resultado a publicación dun EPIPF que nin sequera inclúe os acordos mínimos pactados e que non nos permite aos mozos investigadores ter unhas condicións laborais dignas. Un EPIPF que simplemente fai oficial nosa precariedade.
De que nos serve un plan de rescate aos investigadores exiliados se á vez séguese perpetuando a precariedade laboral no sector do I+D+i español? Para que queremos un Ministerio de Ciencia, do que o Goberno tanto se fachenda, se este dedícase a menosprezar o acordado con colectivos e sindicatos?
A nós quédanos moi claro: moito fume e pouco lume.
Ola! A páxina web da Asociación Asemblea de Investigadoras de Compostela emprega cookies só para fins estatísticos das visitas que recibimos así como para manexar a sesión de usuario.